Case un 20% dos positivos de Xinzo son alumnos dos centros educativos

aula covid
Case un 20% dos positivos de Xinzo son alumnos dos centros educativos

43 casos positivos nos centros educativos do Concello nas distintas idades escolares

Xinzo, neste momento ten a triste honra de ser o concello que máis contaxios ten dentro dos centros escolares en comparación cos outros concellos da mesma ou maior poboación.

Estaba claro que coa cifra tan elevada de persoas contaxiadas en Xinzo, moitos deles son rapaces e rapazas que están a estudar nas diferentes etapas educativas na vila.

Con esta porcentaxe o que non se pode seguir dicindo que o virus non o collen os novos, e é solo cousa de maiores.

DESFASE CON OUTROS CONCELLOS

Tamén se pode comprobar a diferencia de número absoluto de contaxiados con respecto a concellos da mesma categoría, como poden ser Verín con 23 e Carballiño con 14.

Unha vez máis insistir en seguir as medidas protocolarias para que ao igual que baixan os contaxios en xeral, tamén diminúan, a poder ser con maior rapidez no ámbito escolar.