Case dous centos de feligreses fixeron o Vía Crucis ata o monte de Baronzás

130
Case dous centos de feligreses fixeron o Vía Crucis ata o monte de Baronzás

21 mozos e mozas foron os figurantes encargados da representación

Como xa é costume fai moitos anos un dos actos relixiosos mais seguidos polos feligreses é o Vía Crucis que saíndo do Cerdeiro vai percorrendo o camiño que leva ata o monte de Baronzás

131

Unha tras outra os vinteun mozos e mozas figurantes van realizando as estacións que compoñen o mesmo dende o bico de Xudas , para identificación de Xesús ante os gardas que o ían apresar , ata a crucifixión no alto do monte e o posterior enterro.

Para rematar Xesús presentase vivo aos tres días no alto para así rematar a liturxia do Vía Crucis.

132

En todo momento do percorrido de subida como de baixada os feligreses foron acompañados polo vehículo de protección civil de Xinzo, por si fora necesario auxiliar a alguén.

133