O casino de Xinzo ten nova directiva

Casino1
O casino de Xinzo ten nova directiva

Arsenio Martínez Paz\” Nito\” foi elixido Presidente

Arsenio Martínez Paz\” Nito\” foi elixido Presidente

Fai uns días que se celebrou asemblea xeral do Casino Antelano para elixir novo presidente e nova directiva, unha vez que o anterior deixou o cargo por motivos persoais.

NOVA DIRECTIVA CON VELLOS COÑECIDOS

Acompañaron a \“Nito\” na súa directiva Ramón de la Fuente, como tesoureiro e Xesús Navarro como Secretario da entidade. Javier Gómez Salgado será Vicepresidente e Alberto Casas e Felix Crespo serán os vocais.

NON DEBEMOS NADA, PERO TAMPOUCO TEMOS NADA

As contas da entidade cultural, están moi claras, nin temos, nin debemos. Foron aprobadas pola asemblea, pero se seguimos así, comenta o novo presidente, isto acábase.

Neste momento somos 250 socios e temos que conseguir polo menos 50 máis. Para elo ata fin de ano, os que queiran ser socios abonarán só 7 euros por familia, ao mes, no mes de decembro, con todos os dereitos , como socios de número.

REVITALIZACIÓN AS INSTALACIÓNS

Casino2O Casino Antelano, ten unhas instalación que levan moitos anos infrautilizadas . Temos unhas instalación no medio do pobo que serían a envexa de calquera institución privada, pero que pouco a pouco están languidecendo. Unha das primeiras medidas a nivel institucional será o cambio dos estatutos, posto que neste momento, se a asociación desaparecerá, as instalación pasarían o Concello, cousa coa que non estamos de acordo.

BAILES ÓS DOMINGOS E VOLVERÁ O BINGO.

Vamos a tratar de voltar a facer bailes os domingos, agora que volven a estar en auxe as orquestras e trataremos de volver a por un Bingo, loxicamente con regalos para que a xente volva a vir polo casino. Tamén haberá clases de baile e exposicións de todo tipo.

Concurso de DJ

Outra das propostas que faremos será a celebración de concursos de DJ, para os máis novos, poñendo nos todo o material necesario, e con premios interesantes para os participantes e gañadores. Esta será outra das actividades coa que pensamos atraer a xuventude.

HOMENAXE A \“TINO CASAL\”

A actividade principal que estamos a preparar xa, será un homenaxe a Tino Casal, cando se vai a conmemorar os 24 anos do seu pasamento. Para elo contamos con Angel Luís, que foi un dos seus guitarristas que se prestou para organizalo. Tamén contamos co grupo limián Habitación Budu, que está preparando cancións do seu repertorio.