19 de agosto de 2018, 2:03
Continuou en sesión de tarde noite o Esquecemento 2018. A partir das 20:30 e con moito público nas beirarrúas de Xinzo para contemplalos, desfilaron primeiro as tropas romanas con estrito estilo militar.
Logo seguíronos os castrexos a ritmo das súas gaitas e mais levados pola euforia , que pola disciplina, sen pensar para nada na batalla que teñen que librar mañá a tarde a partir das 17:00 horas despois do paso do río Lethes.
Para ver o desfile completo prema na seguinte dirección.https://www.youtube.com/watch?v=rVE-xGihIsA&t=5s