O CDR O Viso recaudou 1000 quilos de alimentos e produtos de hixiene na gala solidaria de Fusión Fitness

viso 2
O CDR O Viso recaudou 1000 quilos de alimentos e produtos de hixiene na gala solidaria de Fusión Fitness

Os almacéns do Centro de Inclusión de Lodoselo recibiron un importante cargamento de alimentos e produtos de hixiene. Os asistentes á gala que organizou Fusión Fitness conseguiron encher unha furgoneta cuns 1000 quilos coas súas aportacións voluntariras.

Esta cantidade de comida e material de hixiene pasa a formar parte do Programa de Atención Urxente a persoas en risco ou exclusión social do que se encarga o CDR O Viso.

A través desta iniciativa contribúe á mellorar a calidade de vida das persoas ofrecendo asistencia persoal e información dos dereitos e deberes sociais.

Dende o centro agradecen a aportación voluntaria de todas as persoas que colaboraro coa causa na tarde do sábado con motivo da celebración da gala solidaria que encheu Xinzo de baile e música dos anos 80.