O CEIP Rosaalía de Castro terá un aula de "madrugadores"

IMG-20190910-WA0015
O CEIP Rosaalía de Castro terá un aula de "madrugadores"
Abrirá as súas portas ás 07:30 ata as 09:15

Hoxe comezarán o curso escolar 779 alumnos de infantil e primaria nos dous CEIP do concello de Xinzo.

Onte a mañá a alcaldesa Elvira Lama, acompañada do Concelleiro de Deportes Rafa Penabad, convocaron aos medios de comunicación para anunciar entre outras cousas a apertura da alula de madrugadores no CEIP Rosalía de Castro, para os dous centros, cunha achega por parte do Concello de 2.000 €.

Na mesma roda de prensa o concelleiro quixo tranquilizar aos pais e nais dos rapaces que practican habitualmente deporte nos club e asociación deportivas municipais comunicando que todas elas seguirán funcionando este curso igual que os pasados.

Elvira Lama comezou dicindo que na mañá de hoxe (martes) reuníronse os Consellos Escolares dós CEIP. Rosalía de Castro e Carlos Casares, nos que aproveitaron para presentarlle aos membros da comunidade educativa os representantes do novo grupo de goberno en cada un deles. Nas dúas reunións ofreceuse a colaboración total do Concello.

IMPLANTACIÓN DA AULA DE MADURGADORES

IMG-20190910-WA0007Este ano levarase a cabo a implantación da denominada AULA DE MADRUGADORES, amplamente solicitada dende fai anos polas ANPAS respectivas dos centros.
A aula estará fisicamente no CEIP Rosalía de Castro e funcionará dende as 07:30 ata as 09:15.
O transporte do alumnado do outro centro levarase a cabo en tempo e forma.
Os prezos para este primeiro ano serán os seguintes:
SOCIOS DAS ANPAS:
1º Neno/nena… 55 €/ Mes 2º irmán………. 40 €/mes

1 Bono para 10 días a repartir ao longo do ano 35 €
Para os non socios os prezos serán de 70 €, no primeiro caso, 60 e 45 respectivamente.


779 alumnos comezan hoxe o curso escolar en Infantil e Primaria en Xinzo

Os dous centros contan cunha matrícula de 779 alumnos, dos que 241 corresponden ao período de Infantil e 538 a E. Primaria.

Por centros, no Rosalía de Castro son 396 en total con 115 E.I. e 281 E.P.. No centro Carlos Casares 383 alumnos; 126 de E.I e 257 E.P.

Pasou logo a presentar as actividades Extraescolares que se realizarán coa colaboración da concellería de deportes.

Na roda de prensa estivo presente o concelleiro de Deportes Rafa Penabad, para anunciar que se porán en marcha as actividades deportivas tanto para pequenos, xuvenís e persoas maiores, en colaboración cos club e equipos do concello.

Están programadas xa as de Cachibol, ximnasia de mantemento, natación, aerobic, pilates, acuayim etc.

Os horarios estarán expostos nos propios lugares de celebración, Pavillón de deportes ou piscina climatizada.

No tocante a todos aqueles que están facendo deporte en algún dos club Limiactiva, AB. Xinzo ou tenis, informamos que se poñan en contacto co propio club para saber os horarios de adestramento.

INSCRIPCIÓNS A PARTIR DO DÍA 16

Para todos aqueles que queiran participar en algunha das actividades deportivas programadas, a inscrición comezará o próximo 16 no pavillón de deportes, onde estarán os técnicos do concello en horario de mañá e de tarde.

CREACIÓN DUN CLUB DE NATACIÓN

Elvira Lama, anunciou a creación dun club de natación, que participará en todas as competicións organizadas dende a federación, así como poderá traer a Xinzo algún campionato a piscina, recentemente reformada e axeitada.

LIGA DE VETERANOS DE FUTBOL SALA E FUTBOL SETE

Dende a propia concellería de deportes organizarase unha liga de veteranos de fútbol sala e fútbol sete.

Así mesmo dende o club E.D. Xinzo faranse actividades de ximnasia rítmica, Exhibición e competición , Educación física de base así como trampolín, este último para os nados antes do 2013, e fútbol sala tamén no 2013 e 2014.

A distribución horaria dos adestramentos vai a depender dos horarios das distintas modalidades e idades da disciplina de ximnasia rítmica.

Elvira Lama rematou a súa intervención na roda de prensa, pondo os servicios do concello a disposición dos equipos directivos dos centros así como das ANPAS para lograr que este curso que agora comeza este libre de atrancos e que se mida solo polos éxitos acadados polo alumnado. Tamén escusou a presenza do Concelleiro de Educación Alberto Martínez, por non poder asistir a roda de prensa ainda que manifestou que durante todas estas semanas estivo a fronte das brigadas que estaban a colaborar para que os centros escolares estivesen a punto para o comez do curso.