Centos de persoas seguiron polas rúas de Xinzo os pasos da procesión do venres santo

IMG_7554
Centos de persoas seguiron polas rúas de Xinzo os pasos da procesión do venres santo

O arcebispo de Belcastro , Padre Carballo,o reverendo Tomas Delgado , así como o alcalde e membros da corporación municipal presidiron a procesión

Coas damas da Virxe Dolorosa, con mantilla española e de rigoroso negro. Os membros da confraría do Nazareno, de capirote , saíron tamén en procesión polas rúas de Xinzo os pasos de S. Juan, a Verónica, Cristo na Cruz, o Sudario e a Furna.

Despois do percorrido polas principais rúas, achegáronse ata a praza maior, onde o Arcebispo dirixiu unha homilía a todos ós presentes dando así por finalizada a procesión.

Perante toda a procesión estiveron presentes a Policia Local en unha ducia de membros da agrupación local de Protección Civil

Para ver a galería de fotos prema aquí.