Charla formativa sobre o programa "Rural emprende" en Xinzo de Limia

image001
Charla formativa sobre o programa "Rural emprende" en Xinzo de Limia

Con subvencións de entre 20 mil e 70 mil euros para a creación de novas empresas no rural.

A asociación de comerciantes ProLimia, xunto co IGAPE e a Xunta de Galicia, veñen de convocar unha xornada formativa na capital da Limia para inflrmar sobre o programa "Rural emprende".

A charla será a cargo do Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Don Guillermo Viña. Terá lugar o vindeiro martes, día 13 de marzo, de 19:00 a 21:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

O programa comprende subvencións de entre 20.000 e 70.000 euros para a creación de empresas no rural.