Chegou a Xinzo a “Nova Feira”

Chegou a Xinzo a “Nova Feira”

Con moitas medidas de seguridade e sen polbo, nesta primeira feira

Poucos postos, moi ben distribuídos con pasos entre cada un deles, ademais dos corredores centrais, máis anchos e con medidas de seguridade extremas na entrada e saída.

Moito orden, tanto para entrar como para saír do recinto, tendo que desinfectar as mans, todos os visitantes. Da desinfección de todos os visitantes encargáronse membros de Protección Civil acompañados por efectivos da Policía Local.

De todo un pouco, menos polbo

De todo un pouco se podía atopar no recinto da explanada do Toural, único recinto feiral nesta do día 14 e unha sorpresa para todos os que se achegaban ata o recinto e para o resto que paseaban polas rúas do casco vello esperando poder levar para a casa unha boa tallada de polbo. Segundo os axentes da Policía Local esta foi unha decisión tomada na comisión municipal reunida ao respecto no día de onte.