CHMS e Concello de Xinzo mellorarán as infraestruturas hidráulicas que dan servizo ao Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras

Trandeiras 1
CHMS e Concello de Xinzo mellorarán as infraestruturas hidráulicas que dan servizo ao Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras

Hoxe foi rubricado o Convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións.

Este era un dos proxectos estrela do grupo AXIL, que xa anunciou no dendealimia no verán pasado Amador Díaz do grupo AXIL cogobernante en Xinzo

O investimento total estímase en 350.000€; o Goberno de España, a través da CHMS, achegará 280.000€ e o Concello de Xinzo de Limia os 70.000€ restantes

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a alcaldesa de Xinzo de Limia Elvira Lama, mantiveron un encontro virtual no que aproveitaron para rubricar o convenio de colaboración que mellorará o sistema de abastecemento de auga, -fontes, captacións, conducións e depósitos- que forman parte as antigas infraestruturas hidráulicas do Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras.

Antecedentes e problemática

IMG_3026O Mosteiro Franciscano de Bon Xesús de Trandeiras sitúase na parroquia de San Pedro da Pena, a un 5 km ao nordés da capital municipal de Xinzo de Limia. Devandito conxunto, orixinario nas súas partes máis antigas do ano 1523, está incluído no Plan Básico Autonómico e no plan urbanístico municipal. Dentro do conxunto de construcións que forman o mosteiro destaca o sistema de abastecemento de auga, formado por varias fontes e captacións, conducións e depósitos que garantirían a dispoñibilidade do recurso para as actividades monásticas. Froito do descoido, do descoñecemento do existente, unido ao paso do tempo, deterioraron moito estas infraestruturas que, xunto cos edificios do mosteiro, corren grave risco de ruína e desaparición definitiva.

O proxecto

O obxectivo do proxecto é asegurar a protección das estruturas relacionadas coa auga na contorna do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras (Xinzo de Limia), a través dun estudo de análise do conxunto e das necesidades concretas a executar. Con esta información xerarase un proxecto de intervención, de acordo cos criterios da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, para levar a cabo a cabo as actuacións de consolidación das fábricas do mosteiro e as súas obras accesorias que se consideren óptimas, entre as que destacan as relacionadas coa subministración de auga.

O investimento total estímase en 350.000€; o Goberno de España, a través da CHMS, achegará 280.000€ e o Concello de Xinzo de Limia os 70.000€ restantes. “Desde a CHMS queremos destacar o noso firme compromiso coa Limia e sempre tenderemos unha man de colaboración a proxectos realizables e concretos” explicou Quiroga.

“O compromiso adquirido hoxe forma parte dun conxunto de actuacións demandadas pola alcaldesa de Xinzo; cabe destacar a urxencia de saneamento e depuración de pequenos núcleos, a continuación da senda peonil no centro urbano da localidade que quedou pendente, sine die, nunha intervención anterior, entre outras solicitudes” concluíu o presidente.