A choiva dá un respiro e o Esquecemento dará comezo con bo tempo

Xinzo de Limia. 23-08-15. Provincia. Cruce do Río letes na festa do esquecemento. Foto: Xesús Fariñas
A choiva dá un respiro e o Esquecemento dará comezo con bo tempo

Ás 20h da tarde inaugúrase o mercado polas rúas da zona vella de Xinzo de Limia e así dará comezo unha nova edición da Festa do Esquecemento. Un pouco máis tarde ás 22.30h abrirá as súas portas o campamento de romanos e castrexos na zona do Toural. Ás 23.30h celebrarase o tradicional desfile polas rúas da vila e ás 00h prenderase o lume sagrado. Os actos rematarán a 1h da mañá co espectáculo de lume na Praza Maior.

O sábado ás 12h na Praza Maior vaise celebrar o circo romano que estará amenizado por un grupo de gaiteiros. Pola tarde terá lugar unha "gincana" polo casco vello e rematará cun pasarrúas. Ás 18h no campamento celebraranse un conxunto de xogos populares.Ás 19.30h as tropas de décimo Xuño Bruto desfilarán pola viña xunto cos castrexos. Ó remate no campamento vanse celebrar as vodas e Nasciturus. Ás 21h procederase ó gran espectáculo das loitas no coliseum dando paso ó espectáculo de lume. Rematará a xornada co concerto de Habelas Hainas ás 00h na Praza Maior.

O domingo, último día do festexo, comezará ás 1215h o circo romano na Praza de Oriente. Ás 17.30h terá lugra o desfile das lexións de Décimo Xuño Bruto ata o río Lethes. Alí será onde se leve a cabo a histórica representación do cruce do río do Esquecemento ás 18h. Media hora máis tarde farase a gran batalla entre castrexos e romanos e a incineración do xefe castrexo. Ás 19.30h desfilarán as tropas romanas e castrexas pola vila. Ás 21h a Praza de Oriente será o epicentro dos conxuros e pocións previos ó espectáculo de loita que se vai celebrar ás 21.30h. O festexo remata cando se apague o lume sagrado ás 00h.