Cima de Ribeira vai ter por fin auga de captación

507
Cima de Ribeira vai ter por fin auga de captación

Fai tempo que o pobo de Cima de Ribeira tiña que ter de cando en vez que ser subministrado por un camión con auga que se vertía no tanque de abastecemento.

O venres pasado remataron as obras de captación de auga, precisamente ao lado do propio tanque cunha inversión de case 8.000 € de achega municipal ao 100%.

NOVENTA E CINCO METROS

O pozo de barrena ten unha profundidade de 95 metros cun custe de tres mil euros, aos que hai que sumar a bomba que se instalará a primeiros da semana que ven cunha inversión case igual.

Soamente queda pendente a chegada de enerxía eléctrica dende o último poste do pobo, que farán os empregados municipais na semana que ven.

Hoxe suponse que sexa o último camión de bombeiros que faga falta para abastecemento extraordinario de auga para o uso dos veciños de Ribeira.

Hoxe pola mañá o tenete de alcalde López Casas e o responsable da brigada visitaron as obras, para tomar as decisión do comezo das pendentes.