Clausurouse o día Internacional dos Museos

IMG_20180518_190100
Clausurouse o día Internacional dos Museos

Coa actuación de alumnos e alumnas da Agr. Musical da Limia

Carlos Gómez concelleiro de Cultura tomou a palabra para agradecerlle aos presentes a súa presenza e ós membros da Agr. Musical da Limia, Noelia Rguez. Marta Diz, José

García e Lucia Glez. polas súas interpretacións.

cats2

Tamén recordou que o Concelleiro Ricardo Sieiro se ofrecerá voluntariamente, para a apertura do museo mentres non se produce a adxudicación definitiva a Deputación Provincial, cousa que espera que se faga ou ven no pleno ordinario deste mes ou do que ven, para que este problema quede definitivamente resolto.

VISITA DUN GRUPO DE PONTEVEDRA

cats

No día de onte un grupo moi numeroso de 97 persoas todas elas de Pontevedra aproveitaron o día de festa na nos aterra, para visitar a o noso Concello. A primeira das visitas foi o Museo do Entroido e a exposición permanente de “Os mundos de Carlos Casares”.En todo momento actuou de cicerone o concelleiro Ricardo Sieiro.

O comentario de todos eles foi moi satisfactorio, tanto da visita aos museos como das viandas posteriores nun dos restaurantes da vila.