Os riscos laborais e a cultura da prevención foron algúns dos temas abordados polos técnicos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Ourense, profundando especialmente na prevención dos trastornos musculoesqueléticos (TME) na atención a persoas dependentes.
Os obxectivos da devandita formación eran mellorar as condicións do traballo do persoal sanitario e de servizos sociais e diminuír o risco de sobrecarga biomecánica, limitando as lesións laborais así como os custos asociados –accidentes ou absentismo laboral–.
Falouse das mobilizacións manuais de persoas dependentes e da avaliación do dano, así como de axudas técnicas, concluíndo que son catro os factores a ter en conta en canto ao risco e medidas preventivas: formación en técnicas de mobilización de pacientes e posturas correctas, disposición de espazos adecuados, uso de medios mecánicos e un adecuado mantemento da forma física.