Colle impulso a asociación dos comerciantes en Xinzo

IMG_9790
Colle impulso a asociación dos comerciantes en Xinzo

Entre esas propostas atopábase a posibilidade de organizar unha gran feira, unha gala do comercio e unha shopping nigth

A Concellería de Comercio de Xinzo de Limia –capitaneada polo deputado autonómico Carlos Gómez– organizou, co obxectivo de buscar vías que incentiven e promovan o comercio local, unha reunión con diferentes comerciantes e pequenos empresarios da vila.

A reunión tivo lugar no soto do Museo Galego do Entroido e asistiron á mesma arredor duns 50 comerciantes.

A reunión tivo lugar no soto do Museo Galego do Entroido e asistiron á mesma arredor duns 50 comerciantes. Gómez explicou que "queremos tentar crear unha asociación de comerciantes para dar visibilidade á actividade dos establecementos de Xinzo". "Este sector é, despois da agricultura e a gandería, vital no desenvolvemento económico da comarca", afirmaba o concelleiro e deputado.

IMG_9789

Desde que se extinguira a anterior asociación de comerciantes –que chegara a ter un peso moi significativo na vida da localidade con máis de 200 asociados–, os pequenos empresarios estaban orfos de colaboracións e de asociaicóns que os represntasen ante as institucións públicas. "Trataremos, desde o Concello, de apoiar todas as iniciativas que poidan xurdir", engadiu Gómez.

O colectivo seguirá dando os pasos necesarios para ensamblar a asociación e escoller unha Xunta Directiva.

Os asistentes acordaron crear un grupo de traballo e volver reunirse o vindeiro luns –ás 20:30 horas–, para analizar a viabilidade das propostas que se fixeron onte. Entre esas propostas atopábase a posibilidade de organizar unha gran feira, unha gala do comercio e unha shopping nigth, así como avanzar un posible calendario de actuacións futuras. "Na campaña que fixemos en Nadal participaron case 80 establecementos", sinalou Gómez. "Foi un gran éxito e por iso queremos repetir a experiencia facéndoa coincidir o inicio da tempada de verán", engadiu.

IMG_9785

Así mesmo, o colectivo seguirá dando os pasos necesarios para ensamblar a asociación e escoller unha Xunta Directiva.