Comeza o proceso para declarar Trandeiras Ben Cultural

Trandeiras aerea
Comeza o proceso para declarar Trandeiras Ben Cultural

A Corporación municipal de Xinzo levará o pleno de xuño a declaración do Mosteiro de Trandeiras como Ben de Interés Cultural. Adiantouno o alcalde en funcións de Xinzo, Manuel López Casas onte a maña dicindo que "iniciaremos o expediente para instar a Xunta a que lle outorgue ese distintivo". Tamén comentou que por falta de tempo non se poderá tratar esta cuestión na sesión plenaria do 10 de maio e debatirase, posiblemente, o próximo 28 de xuño. "Dende o Concello estamos abertos a colaborar coa asociación Amigos do Mosteiro e xa temos en mente organizar algunhas visitas guiadas e conferencias con expertos. Hai que ter en conta que a construcción está a escasos kilómetros da Vía da Plata". Precisamente, un dos usos que se propón por parte do colectivo para o conxunto de Trandeiras é un albergue para peregrinos.

trandeiras

O portavoz de Amigos do Mosteiro, Xermán Estévez, asegurou que o obxectivo principal pasa por "por en valor todo o entorno e a propia construcción, facendo un plan integral de rehabilitación a través da Conselleria de Cultura". Dende a agrupación queren revalorizar tamén os camiños que levan o mosteiro e pensan na posibilidade de crear rutas de senderismo ata a Torre de Pena.

Apunta á necesidade de seguir a declaración de Ben de Interese Cultura do templo para que o Concello poida optar a convenios con Patrimonio e conseguir a financiación que se require para rehabilitar e por en valor este conxunto histórico. "O entorno non é municipal, polo tanto entendemos que este feito axilizaría os trámites", comenta Xermán. Tamén engadiu que "o distintitvo de BIC ofrecería unha protección maior a todo o cenobio no seu entorno. Nós tratamos de impulsalo porque entendemos que non só se lle daría valor o mosteiro en sí, senón a toda a comarca".

Unha agrupación privada solicitou a Xunta a declaración do Mosteiro de Trandeiras como BIC fai algo máis dun ano e en tempos de Isaac Vila inciouse un estudo neste sentido, os cales non se materializaron aínda a día de hoxe.