A comisión do Entroido de Xinzo 2017 vén de abrir á cidadanía a votación popular para a escolla do que será o cartel desta próxima edición do Entroido na capital da comarca da Limia.
Os carteis presentados no concurso aberto organizado polo consistorio e a comisión organizadora estarán expostos dende hoxe até o vindeiro xoves 24 na Casa da Cultura do municipio. Aqueles veciños e visitantes que desexen exercer o voto polo seu favorito deben ter en conta de que será imprescindible presentar o DNI.
O horario de visionado e votación do cartel será de 16 a 21 horas. O autor do cartaz que resulte gañador recibirá unha compensación de 500 euros a cambio de ceder todos os dereitos sobre o deseño ao consistorio limián. Ademáis, será a imaxe da edición, no 2017, da festa máis importante de Xinzo de Limia.