O. Ferreiro
9 de abril de 2017, 21:41
Como xa anunciou este xornal dixital, o Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia comeza un proceso de renovación integral. No día de onte, os obreiros comezaron desmontanto a actual estrutura interna da sala, como se pode apreciar nas imaxes.
Mellorarase a accesibilidade, a megafonía e a comodidade da estancia, segundo indican dende o goberno, "tanto para os plenos como para calquera outro acto". As obras terán un custo total de 31 mil euros –máis IVE–.
Agárdase que o novo Salón de Plenos estea rematado para ser estrenado no próximo plenario ordinario do municipio antelán.