COMEZARON AS OBRAS DA FUTURA ROTONDA DO POLÍGONO

rotonda poligono1
COMEZARON AS OBRAS DA FUTURA ROTONDA DO POLÍGONO

Cunha inversión de mais de 80.000 €, 100% da Deputación Provincial

Nestes días comezaron os traballos efectivos da obra para facer a rotonda que dará entrada sen problemas o polígono Industrial de Xinzo.

Esta obra que o Concello financia 100% por parte da Deputación Provincial, x afora presentada polo alcalde antes das eleccións municipais, pero como reiteraba o alcalde en varias ocasións, non quería que comezara nos meses antes da campaña, para que non se lle puidera criticar a obra como electoralista.

O prazo de execución da mesma é de dous meses.