Comezaron e remataron o asfaltado da pista Devesa

20150706_161449
Comezaron e remataron o asfaltado da pista Devesa

Tan solo unhas horas durou botarlle a nova capa de rodadura a Pista Devesa. Dende fai tempo o Concello viña anunciando este traballo , nunha das pistas con máis tráfico de Xinzo, posto que é unha das entradas e saídas da autovía máis utilizada polos veciños e ós que se dirixen a Crtra. De Portugal, para non pasar polo centro do pobo.

O despregue de maquinaria, hoxe luns pola mañá, máis ben parecía para outros traballos de maior envergadura, pero o feito é que as 17:00 quedou feito.

rotonda poligono1

ROTONDA DO PARQUE EMPRESARIAL

Parecía que a rotonda do Parque empresarial ía levar o mesmo ritmo, cando días despois das elección atopámonos con sinais e demais artiluxios, así como cuadrillas de homes traballando, o que facía presaxiar que a obra ía ir a bo ritmo. Neste caso, parece que as cuadrillas xa tomaron vacacións, posto que de todo aquelo que se ía a facer en dous meses, xa vai un deles deseque comezaron os traballos e pararon.