Comezou a segunda fase de instalacións para o Nadal 22

Instalación carpa na praza Carlos Casares
Comezou a segunda fase de instalacións para o Nadal 22

Unha carpa na praza Carlos Casares que albergará xogos para os máis cativos

Dúas carpas se instalarán para albergar as distintas actividades que están programadas para este Nadal 22.

A primeira delas comezouse a instalar na praza Carlos Casares que albergará hinchables e xogos de realidade virtual para os pequenos e os menos pequenos.

A segunda carpa máis pequena instalarase na praza Maior, onde irán os concertos xa anunciados polo concello.

Segundo puidemos saber, mañá pola mañá chegarán outros elementos decorativos que aínda faltan e que segundo comentan dende o concello van a ser sorprendentes para todos.