A comisión do Entroido descúlpase polo erros no desfile

_MG_6574
A comisión do Entroido descúlpase polo erros no desfile

Traa derradeira reunión, após o remate do Entroido 2018, a comisión organizadora recoñece nun comunicado a existencia de "inxustizas" para con algunhas persoas non pertencentes á Asociación da Pantalla.

Este mércores tivo lugar a derradeira reunión na Casa da Cultura da Comisión do Entroido de Xinzo de Limia 2018. Nela os asistentes tiveron a oportunidade de debater e revisar todo o ocorrido durante esta última edición do Entroido. Afirman que o balance xeral é "satisfactorio" e que a mellora con respecto ás edicións anteriores foi palpable "en todos os aspectos".

Destacan, na súa valoración, o civismo dos asistentes e a participación e colaboración cidadá, que acadou unha cifra récord con "case 15.000 euros de doazóns por parte dos establecementos da vila". Todo isto destácano recoñecendo "as dificultades de traballar con grupo tan numeroso e heteroxéneo como a comisión deste ano".

Desculpas polo desfile

Mais, con todo, tamén recoñecen erros neste comunicado. Sinalan que entre todas as críticas emitidas durante e despois do Entroido, unhas foron "de boa maneira e con ánimo construtivo, e outras, con falta de tacto e perspectiva". Destacan como punto máis polémico a decisión da propia comisión de que a Asociación da Pantalla encabezara o desfile do Martes de Entroido para "salvagardar, dignificar e promover o bo uso do noso traxe". Neste senso piden "sinceras desculpas" a todas as persoas que, non sendo parte da Asociación da Pantal, "levan ben o traxe con total respecto e sentimento".

Conclúen sinalando que "ningún desatino ou erro da comisión foi resultado de ningún xénero de mala fe.