Da comezo a Feira de Oportunidades de ProLimia

prolimia
Da comezo a Feira de Oportunidades de ProLimia

Mañá comeza ás 13h a Feira de Oportunidades ca participación de máis de 60 persoas de distintos comercios na organización do evento

Aproveitando que mañá comezará a Feira, falamos con Teresa Martínez, a Presidenta da Asociación, que pola súa banda coméntanos que "Hai 60 persoas de comercios implicadas na feira, tanto en organización como exposición, esta todo o mundo moi ilusionado e o proxecto de ProLimia seguirá adiante, aínda que con outro equipo." A Feira seguiuse organizando e a Asociación continuou funcionando a pesares da renuncia da directiva.

Ante as preguntas sobre a dimisión en bloque da directiva contounos que "Esto xa ven dende hai uns meses e, o último membro da directiva que quedaba dimitiu onte por motivos aparentemente personais." Ante a situación da directiva aclarounos que "Unha vez pasada a feira faranse as reunións para formar a nova directiva. "

"Que esta directiva non funcionara, non quere decir que outra non vaia funcionar. O proxecto é bo, e o que o demostra é a cantidade de xente implciada na feira." A presidenta recálcanos que é un proxecto con moito futuro e que a Feira de Oportunidades será un éxito.

Ante as preguntas sobre a dimisión en bloque da directiva contounos que "Esto xa ven dende hai uns meses e, e o último membro da directiva que quedaba dimitiu onte por motivos aparentemente personais." Ante a situación da directiva aclarounos que "Unha vez pasada a feira faranse as reunións para formar a nova directiva. "

As palabras da ex-directiva

Hoxe a mañá falamos con outros ex-membros da directiva e comentáronnos que xa dimitiron nos anteriores meses. Os motivos serán explicados nun comunicado que farán en conxunto e do que estamos a espera. “Ricardo falou por el mesmo e ten todo o dereito a facelo, pero o resto faremos un comunicado en común” coincidían.