“Os concelleiros do PSOE, non deben ser veciños de Xinzo”

Luis M. Gil 1
“Os concelleiros do PSOE, non deben ser veciños de Xinzo”

Dende o 20 de maio ao 3 de xuño non se enteran da convocatoria da camisón de festas.

Desta maneira interpreta Luís M. Gil, concelleiro de festexos a nota que a portavoz do grupo do PSOE na corporación envía ós medios.

Eles foron convocados no mesmo momento e día no que se envía ós medios de comunicación de toda a provincia o anuncio de convocatoria pública para formar a comisión de festas, a tódolos veciños e veciñas da vila. Non solo a eles, se non ós demais grupos que conforman a corporación.

IMG-20160610-WA0001

Chegado o dia, non solo non aparecen veciños que queiran formar parte, se non que tampouco aparece ningún membro da oposición, nin para interesarse do que alí pasou, nin por suposto para mostrar o máis mínimo interese.

Nos días seguintes os propios medios fanse eco do ocorrido e xa anuncian que será o Concello (a Concellería correspondente) a que se vai a facer cargo das festas, o presuposto, etc.

O DIA 3 PRESENTAN UN ESCRITO

Como non se enteraron, nin da convocatoria, nin preguntaron persoalmente, nin se enteraron pola prensa, e por suposto non viñeron a convocatoria, fan o \“paripé\” , presentando un escrito con preguntas das que, xa todo o mundo sabe a resposta. Para min o único que demostra e o nulo interese que teñen polas festa patronais.