Os concelleiros de Xinzo non se poñen de acordo na escolla de bandeira e escudo para o municipio

IMG_4434
Os concelleiros de Xinzo non se poñen de acordo na escolla de bandeira e escudo para o municipio

Pois iso. Que Xinzo de Limia segue sen bandeira até nova discusión.

Na sesión plenaria deste pasado luns, non só se aprobaron os orzamentos do 2018. De feito, a sesión converteuse nun dos plenos máis longos do ano.

O primeiro punto da orde do día que se debatiu foi o referente á escolla dunha bandeira para o Concello de Xinzo de Limia así como á renovación do seu escudo oficial.

O primeiro punto da orde do día que se debatiu foi o referente á escolla dunha bandeira para o Concello de Xinzo de Limia.

Se ben é certo que se trata dun tema especialmente relevante pois o que saia desta escolla permanecerá no tempo e converterase nun dos máis importantes símbolos de identidade do noso municipio, ninguén esperaría que continuase sen haber acordo entre as forzas políticas que nos representan.

Ante a negativa de todos os grupos políticos de contratar a unha empresa especializada no deseño heráldico pra que presentase propostas alternativas –que finalmente terían que ser aprobadas tamén pola Xunta de Galicia e en pleno–, optouse por se dirixir directamente á Comisión Heráldica da Xunta de Galicia, quen enviou ao consistorio limián dúas propostas para seren debatidas.

IMG_4433

Dende o BNG, Ramiro Rodríguez Suárez, sinalou que non tiñan ningún problema co escudo, pero que a bandeira "non nos convence". Foi por isto que anunciou a abstención como voto ante a proposta.

Manuel Pérez Campos, voceiro de Xinzo Adiante, coincidiu con Ramiro afirmando que "xa manifestamos que non nos gustaba a bandeira" que "máis ca unha bandeira parece un estandarte para procesións".

A concelleira Elvira Lama, do PSdeG lembrou que a oposición pedira consenso para un tema coma este e que o alcalde "comprometérase nunha reunión a buscar ese consenso e non o cumpriu". "Trátase de aprobar un símbolo que nace con vocación de permanencia e entendemos que nunha cuestión tan delicada como son os símbolos de identidade dun pobo non pode ser aprobada unilateralment", concluíu. Outra abstención.

IMG_4427

A continuación tomou a palabra o alcalde, Antonio Pérez, para sinalar que a señora Lama "está faltando á verdade". "Só había dúas opcións, ou acudir directamente á comisión heráldica ou contratar o deseño de foirma externa". Pérez propuxo adiar a votación da proposta e a consecuente decisión, deixando de novo este asunto enriba da mesa ata que sexa levado á vindeira comisión.

Lama, no turno de réplica, aproveitou para sinalar que "o mellor é que veña alguén da comisión heráldica e faga un informe sobre por qué se muda a maneira de facer bandeiras".

Pois iso. Que Xinzo de Limia segue sen bandeira até nova discusión.