Nun aparte, o alcalde Antonio Pérez, manifestou os medios de comunicación que asistiron a inauguración da exposición dos mundos de Carlos Casares, que esa mesma mañá fixeran a última reunión da Xunta de Goberno do Concello, na que se deu o visto e prace para aboar as poucas facturas que quedaban destes últimos días pertencentes a este ano.
SALDO CON PROVEDORES CERO
É a primeira vez, no noso concello, pero podía que en poucos mais a dia 30 de decembro tódalas facturas dos noso provedores do ano están aboadas.
O persoal cobrou a extraordinaria o día 15 e a nómina do mes o 21. Isto fai pouco mais de dous anos era algo impensable.
SALDO NAS ARCAS POSITIVO
No último arqueo de tesoureiría desta mesma mañá , despois dos pagos efectuados hoxe, nas arcas municipais había un saldo positivo de mais de 400.000 €.