miércoles 22/9/21

O Concello arranxa a pista dos Covos, moi deteriorada polo paso de camións de gran tonelaxe

O presuposto para levar a cabo as obras nesta vía, que levaba anos sen someterse a intervencións de mantemento, ascendeu a 31.893 euros
después

As imaxes do antes e despois da pista dos Covos falan por si mesmas. A vía, que levaba anos sen someterse a intervencións de mantemento, se atopaba moi deteriorada polo paso de camións de gran tonelaxe. O Concello de Xinzo de Limia, a través da concellería de Urbanismo da que é representante Ramón Gómez, vén de rematar as obras para o arranxo do firme, cun presuposto que ascendeu a 31.893.

Fochancas, cortes e importantes fisuras na capa de aglomerado existente dificultaban a circulación pola vía. Ademais, as beiras atopábanse cheas de maleza. Os problemas de afundimento no firme polo constante tráfico de vehículos pesados ocasionou fochancas centrais e desconchados nos laterais que non permitían a evacuación das augas cara as cunetas.

antesTal e como se explicou na memoria elaborada para acometer os traballos, os moitos anos transcorridos dende a última intervención de mantemento deixaron a vía en “deplorables condicións”. Ademais, cómpre destacar que a pista soporta o tráfico dunha media diaria de entre 50 e 60 de camións de gran tonelaxe, debido a que comunica cunha das básculas destes vehículos na comarca.
A actuación non precisou dun proxecto técnico por tratarse dunha reparación e limpeza de sinxeleza técnica, tal e como indica o PXOM de Xinzo de Limia e o Regulamento da Lei do Solo. O executivo local decidiu acometer as obras de maneira urxente para evitar que despois do verán, coa chegada do mal tempo, os problemas no firme se agravasen.
Cómpre recordar que o Concello está a levar a cabo un plan de bacheado para mellorar as pistas do municipio e tamén nos últimos días se realizaron traballos na de Os Castros que une a estrada N-525 coa de A Devesa á altura do Gadis e a que comunica os lugares de San Vitorio e Ganade. O presuposto para realizar estas actuacións ascendeu a 14.520 euros.

Comentarios