O Concello e a CHMS mellorarán o saneamento en Fiestras e Laroá

138
O Concello e a CHMS mellorarán o saneamento en Fiestras e Laroá

O investimento estimado supera os 250.000 euros, que serán sufragados entre ambas as Administracións, 80% CHMS e 20% Concello

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), asinou un Convenio de colaboración co concello de Xinzo de Limia para continuar coas obras de mellora do saneamento do río Limia, nas parroquias de Fiestras e de Santa María de Laroá (Xinzo de Limia-Ourense).

O acto foi celebrado esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Xinzo e rubricado polo presidente de CHMS, Francisco Marín, e polo alcalde da localidade, Antonio Pérez.

O obxectivo deste proxecto é mellorar o servizo e a calidade da depuración dos núcleos de Fiestras e dunha pequena parte de Santa María de Laroá, para 61 e 20 habitantes na actualidade, respectivamente, co fin de captar os efluentes que chegan ás fosas actuais para proceder á supresión das mesmas.

O PROXECTO

139Partindo dun estudo pormenorizado da rede actual e constatando que este Concello dispón dunha depuradora situada en Santa María de Laroá que dá servizo a unha parte deste núcleo e ás verteduras procedentes dun bombeo do núcleo de San Pedro, analizáronse distintas alternativas para deseñar as actuacións que solucionen as carencias actuais.

Por iso procederase á construción dunha nova pequena depuradora en Fiestras, con capacidade para 100 habitantes, e que se situará na mesma parcela que ocupa a fosa séptica que actualmente está en servizo e que será destruída á finalización. A nova construción contará dun pozo de bombeo en entrada, arqueta con desbaste, decantador primario, depuradora de biodiscos, decantador secundario e arqueta de saída e control.

Por outra banda construirase un bombeo de augas residuais para o sur do núcleo de Laroá, dimensionado para 20 habitantes equivalentes, e que constará dun pozo de bombeo, un mecanismo de impulsión desde a estación de bombeo de Laroá sur ata a conexión coa nova depuradora, un pozo de rotura de carga e un pozo de conexión coa rede de saneamento existente, o que permitirá a eliminación da fosa séptica existente ao finalizar o conxunto de actuacións.

O investimento previsto supera os 250.000 euros que serán sufragados nun 80% pola CHMS e o 20% restante. Estas novas instalacións prevese que poidan estar finalizadas e en servizo en prazo de 3 meses.