O Concello contrata a dez persoas en risco de exclusión para facilitar a súa inserción laboral e reforzar brigadas

elvira Lama con traballadores Risga
O Concello contrata a dez persoas en risco de exclusión para facilitar a súa inserción laboral e reforzar brigadas

As 8 mulleres e 2 homes seleccionados eran perceptoras da Risga e agora incorpóranse 9 meses aos equipos municipais de limpeza, obras e xar

O Concello de Xinzo formalizou hoxe a contratación de 10 persoas en risco de exclusión social, todas elas perceptoras da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga), a través de tres subvencións da Xunta de Galicia que suman 100.772 euros.

Así, oito mulleres e dous homes incorpóranse a partir de próximo día 1 de xullo a realizar, durante 9 meses, diferentes traballos dentro das brigadas municipais de medio ambiente e obras, reforzando así os equipos xa existentes e, sobre todo, facendo unha labor de colaboración social. Deste xeito, dende o goberno local contribúese a paliar os efectos da crise económica que se aveciña, especialmente entre as familias con maiores necesidades.

Por unha banda búscase “mellorar a prestación dos servizos municipais”, explican os responsables das áreas ás que se van incorporar, o concelleiro de obras Ramón Gómez e o de Infraestruturas Rafael Penabad, pero sobre todo queremos facilitar “a reinserción laboral dos beneficiarios e beneficiarias”.

elvira Lama con traballadores  RisgaA incorporación destas 10 persoas permitirá avanzar na posta ao día das tarefas de mantemento de espazos públicos da vila, atrasadas como consecuencia do parón pola crise sanitaria. “Esperemos cumprir cun dobre obxectivo; por un lado, prestar máis e mellores servizos á cidadanía e, por outro, aumentar a empregabilidade de quen máis o necesita”, subliña a alcaldesa, Elvira Lama.

As contratacións foron formalizadas no día de hoxe, despois dun proceso de selección levado a cabo por un grupo mixto no que por primeira vez estivo presente unha traballadora social do Concello. Todas as persoas que concorreron ao proceso eran demandantes de emprego e a convocatoria fíxose a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A documentación para optar a esta axuda autonómica por parte de Concello de Xinzo presentouse no mes de febreiro, antes de que se desencadease a crise do coronavirus, e forma parte do impulso que os Servizos Sociais municipais e as concellerías implicadas lle queren dar á inclusión social no Concello de Xinzo.