O Concello e Correos firman un convenio para facilitar o pago de tributos a través de xiro postal

O Concello e Correos firman un convenio para facilitar o pago de tributos a través de xiro postal
O convenio pretende facilitar o ingreso en contas da Administración local para pagar débedas tributarias e outras de dereito público

As veciñas e veciños de Xinzo de Limia dispoñen dun novo método para o pago de recibos. O Concello de Xinzo e Correos firmaron un convenio para que os cidadáns poidan pagar os tributos mediante xiro postal.

O obxectivo deste acordo é facilitar o ingreso en contas da Administración local para pagar débedas tributarias e outras de dereito público. Para isto, Correos cobrará aos seus clientes as tarifas do servizo de xiro postal. A tarifa actual é de 1,95 euros.

Tras este acordo, a sociedade estatal comprométese á identificación e comprobación do cliente remitente, con carácter previo á realización da operación de admisión de xiro de orde de ingreso en conta, mediante documento identificativo válido e en vigor.

O Concello de Xinzo ten a responsabilidade exclusiva de realizar as identificacións que considere oportunas ás súas entidades colaboradoras en orde de informar das responsabilidades de que as súas débedas tributarias ou de dereito público sexan abonadas na conta da que o Concello sexa titular, mediante un xiro postal.

Este convenio terá unha vixencia de catro anos e poderá prolongarse, con carácter anual, por período doutros catro adicionais.