O Concello dá conta de axudas económicas para estudos e para facer obras na casa

Casa_do_concello,_Xinzo_de_Limia,_Ourense_12
O Concello dá conta de axudas económicas para estudos e para facer obras na casa

Os prazos para solicitalas rematan en outubro

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar, informa de catro axudas. Unha delas é unha subvención para renovar fiestras enmarcada no "plan renove fiestras" para partiulares e comunidades de propietarios. Sae publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº119 do día 26/6/15. A data límite para solicitala é o 30 de outubro. A tramitación correspóndelle ás empresas que instalan o aluminio.

Outra das axudas económicas está destinada a familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana en estacións de montaña. Recóllese no DOG do 18/9/15 e pódese pedir ata o 19 de outubro.

Pola súa banda, a Fundación Prevent saca unhas becas para estudantes con discapacidade que cursen estudos universitarios ou ciclos de grado superior. Poden atopar máis información no enderezo www.fundacionprevent.com. O límite para optar a estas axudas é o 9 de outubro.

Por último, o concello informa de axudas a titulados universitarios en desemprego que cursen máster universitario oficial e recóllense no DOG do 16/9/15. A data para solicitalas remata o 16 de outubro. A tramitación faise mediante presentación electrónica na sede da Consellería de Educación.

Ante calquera dúbida ou para ter máis datos, poden achegarse ó departamento de Servizos Sociais do Concello na Avenida de Ourense nº 19 (parada de autobuses) ou ben chamar ó 651 845 499.