O Concello de Xinzo decreta os servizos mínimos e horarios

O Concello de Xinzo decreta os servizos mínimos e horarios
os traballadores e traballadoras das Casa do Concello e do Departamento de Servizos Sociais traballarán a porta pechada

RESOLVE:

Primeiro.- Que os traballadores afectados polo peche das instalacións non terán que acudir ó seu posto de traballo, se ben, deberán permanecer localizables con plena dispoñibilidade para que no caso de necesidade poder reforzar servizos.

Segundo.- Que nos servizos non afectados polo peche das instalacións cubrirase o servizo polas seguintes quendas: * Unha en horario de 9.00 a 14.00 horas (1 persoa por cada servizo por día ou semana, segundo se acorde no seo de cada servizo). * Outra en horario de 7.00 a 12.00 horas para as brigadas de Obras e Medio Ambiente, as cales estarán unificadas. Terceiro.- Que os traballadores e traballadoras das Casa do Concello e do Departamento de Servizos Sociais traballarán a porta pechada, cada servizo será atendido por unha persoa en quendas de traballo, segundo as dispoñibilidades de cada un/unha en cada servizo.

Cuarto.- Fomentarase na medida do posible o traballo non presencial para que aqueles traballadores/as que se poidan acoller a esta medida, traballen dende os seus domicilios.

Quinto.- Este Concello permanecerá pechado ao público para trámites ordinarios ata novo aviso, só se atenderán urxencias: vía telefónica no número 988550111, vía telemática: concello@xinzodelimia-ayto.com e sede electrónica: www.xinzodelimia.gal.

Sexto.- Dar conta da presente resolución ó Pleno na vindeira sesión que celebre.

DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE