martes 26/10/21
O servicio comezará o xoves 15 de xullo

O Concello incorporará 3 condutores, 2 capataces e 8 peóns para a prevención de incendios forestais

O orzamento de licitación ascende a 70.947 euros e a duración do contrato será de tres meses desde a firma do contrato

Motobomba para labores de desinfección, limpeza e incendios
Motobomba para labores de desinfección, limpeza e incendios (Foto arquivo)

O Concello de Xinzo ultima os trámites para levar a cabo a contratación de servizos de tarefas de prevención de incendios forestais. O concurso aberto antes de que comezase o período estival quedou deserto ao non presentarse ningunha oferta, polo que o executivo local invitou a tres empresas a que presentase as súas ofertas, estando agora no prazo de entrega da documentación. A firma que resulte elixida e as dez persoas contratadas (8 peóns e 2 capataces) comezarán a traballar o 15 de xullo. Ademais, está previsto contratar a tres condutores de motobomba.

Amador na ReuniónTal e como se explica na memoria xustificativa da contratación, é necesario contratar o servizo de prevención e defensa contra incendios forestais mediante actuación de dous brigadas de 5 operarios cada unha, para a anualidade correspondente á estación estival 2021 e ao amparo do convenio firmado coa Consellería de Medio Rural. Toda a documentación correspondente a este procedemento é pública e está dispoñible na plataforma de contratación.

Os traballos manuais que levarán a cabo estas brigadas comprenden actuacións de roza nas seguintes parroquias: Gudín, Novás, Moreiras, San Pedro, Baronzás, Boado, Pidre, Piñeira Seca, Solveira, Trandeiras, Soutelo de Pena, Pena, Seoane, Fiestras, Damil, San Vitoiro e Laroá. A superficie total nas que se levarán a cabo as tarefas ascende a 20 hectáreas.

Do mesmo xeito, realizaranse traballos de vixilancia e defensa contra os incendios forestais . As dúas brigadas previstas colaborarán cos demais dispositivos de prevención e extinción de incendios forestais activos no distrito forestal baixo a coordinación do persoal técnico designado ao efecto polo Concello de Xinzo.

O orzamento de licitación ascende a 70.947 euros e a duración do contrato será de tres meses desde a firma do mesmo. As obrigacións económicas do contratos abonaranse con cargo á subvención da Xunta de Galicia.

Amador Díaz, concelleiro de Medio Rural de Xinzo, destacou que:

Este ano non so se contratan dúas brigadas ao ritmo más rápido posible que permite o procedemento administrativo, senón que ademais contratamos tres condutores de motobomba, algo que levaba moitos anos sen facerse, o que redundará nun mellor servizo aos veciños”.