lunes 25/10/21
Alerta a veciñanza, polos posibles roubos de flores nas zonas verdes

O Concello plantou medio milleiro de plantas por todo o municipio

Os actos vandálicos son visibles en diferentes espazos do municipio coma no Toural, onde se levou a cabo un acondicionamento integral con motivo do inicio do período estival
especies
especies

O traballo por embelecer os espazos públicos no que se afanou o Concello de Xinzo deu os seus froitos, aínda que se están a rexistrar diferentes actos vandálicos. O executivo local plantou medio millar de especies por todo o municipio, pero denuncia os continuos roubos de flores, non só nas xardineiras repartidas por todo o municipio, senón tamén en espazos como o Toural, onde se estiveron realizando traballos de acondicionamento nas últimas semanas.

hortensiasPrecisamente chaman a atención os actos vandálicos do Toural, onde faltan varias hortensias e incluso arrancouse unha de gran tamaño. Os ocos na terra afean esta singular zona verde que agora debería encherse de cor con motivo da temporada estival. O concelleiro de Servizos Públicos, Rafa Penabad, condena o roubo das flores e fai un chamamento á cidadanía para que respecte os espazos públicos: “Trataremos de empregar as redes sociais para informar dos danos que se están ocasionando nestas zonas e tamén para recordar aos cidadáns que hai que coidar o que é de todos”.
O Concello de Xinzo realizou nas últimas semanas traballos de xardinería e plantación de medio millar de especies:  213 surfinias,  36 rododendros, 45 hortensias, 150 tagetes, 4 glicinas, 20 dimorfotecas, 15 conchitas e unha diosma. En definitiva, realizouse un intenso traballo e os esforzos continuarán para embelecer o municipio deste xeito natural.

Cómpre destacar a actuación integral que se levou a cabo no Toural, onde ademais do saneamento das zonas verdes, renovaranse catro bancos de formigón. A idea do executivo local é darlle unha nova vida aos asentos, que se retiraron por estar deteriorados e que serán pintados dun xeito especial. Nos últimos días tamén se estivo a traballar para arranxar o sistema de rego e evitar que a herba presentara zonas secas.

O executivo local ultima estes traballos de acondicionamento das zonas verdes agardando que este verán, no que a pandemia parece que podería dar un respiro, os veciños e visitantes aproveiten o ocio seguro e agradable dos espazos ao aire libre que ofrece o concello.