O Concello prorrogará un ano máis a exención do pago das terrazas para toda a hostalería de Xinzo

Plaza-Mayor-de-Xinzo-De-Limia
O Concello prorrogará un ano máis a exención do pago das terrazas para toda a hostalería de Xinzo

Tras o debate, o inspector da Policía Local, Germán Bolaño, recibirá a Medalla do Concello pola súa dedicación a prol da seguridade dos veciños

Xinzo ten moito que ofrecer aos visitantes. Máis aló do Entroido, de interese turístico internacional, son moitos os tesouros do municipio. O executivo local proporá ao pleno a declaración de municipio turístico por primeira vez na historia, tendo en conta a relevancia de reclamos como o Museo do Entroido, o Mosteiro de Trandeiras, nove igrexas románicas, a Torre de Pena e numerosas riquezas naturais. A sesión plenaria celebrarase mañá as 12.00 horas.

Na orde do día hai puntos relevantes como a aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público por mesas e cadeiras, tribunas, elementos auxiliares, taboados e outros elementos análogos. O Concello prorrogará un ano máis a exención do pago das terrazas a toda a hostalería, co fin de axudar a un sector que sufriu especialmente as consecuencias da pandemia.

No pleno tamén se debaterá sobre ordenanza reguladora das pistas de pádel. Segundo este documento, quedará prohibido o uso da pista a menores de 14 anos, salvo que se encontren baixo a supervisión dunha persoa maior de idade; a aquelas persoas sancionadas conforme dita ordenanza e para dar clases por parte de particulares, salvo as organizadas con intervención do concello. Os horarios da pista serán todos os días de semana desde as 9.00 ata as 23.00 horas nos meses de xullo e agosto e desde as 9.00 ata as 22.00 horas o resto do ano. Establécese unha tarifa de 8 euros polo uso de hora e media de instalación.

Durante a sesión tratarase tamén a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de sumidoiros e pola prestación do servizo de tratamento e depuración de augas residuais e a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga a domicilio. A aplicarase a subida segundo o IPC.

O executivo local prevé que o pleno tamén dea luz verde á solicitude de adhesión á Rede de Entidades Locais para desenvolver os Obxectivos de Desarrollo Sostible (ODS) da Axenda 2030.

En canto as mocións, debateranse as presentadas polo Partido Popular relativas ao acceso da poboación aos servizos financeiros, para que se adopten medias para a rebaixa do prezo da luz, para facilitar a cobertura do persoal médico na atención primaria e contra a inclusión do lobo no listado de especies en réxime de protección especial.

Ao finalizar o debate outorgaráselle a Medalla do Concello de Xinzo de Limia ao inspector da Policía Local, Germán Bolaño, pola súa dedicación a prol da seguridade dos veciños.