O Concello valora moi positivamente a programación de Nadal, cun dobre esforzo por manter a ilusión e as medidas de seguridade

Cabalgata Reis 20220031
O Concello valora moi positivamente a programación de Nadal, cun dobre esforzo por manter a ilusión e as medidas de seguridade

“As propostas tiveron gran aceptación e afluencia de público dentro das posibilidades desta pandemia e seguindo sempre os protocolos establecidos” (Elvira Lama)

Os esforzos multiplicáronse este ano na organización da programación de Nadal. Manter a ilusión e cumprir con todas as medidas sanitarias foron os obxectivos do Concello de Xinzo de Limia, que fai un balance moi positivo das actividades que se levaron a cabo. A alcaldesa, Elvira Lama, así o expresou: “O programa funcionou moi ben dadas as circunstancias. As propostas tiveron gran aceptación e afluencia de público dentro das posibilidades desta pandemia e seguindo sempre os protocolos establecidos”.

Tren praza maiorEste foi o primeiro ano que se instalou no corazón da vila unha pista de patinaxe sobre xeo. Situada na praza Carlos Casares, os visitantes puideron combinar esta actividade coas compras no Mercado de Artesanía, que ofreceu orixinais artigos para regalar. A decoración tampouco pasou desapercibida, destacando o tren do filme “Polar Express” construído na Praza Maior ou as casetas de Nadal que se repartiron por diferentes puntos do concello. Tamén a iluminación, que brillou no centro e no rural.

Debido a incidencia desta sexta ola do covid-19, a cabalgata de Reis foi estática no pavillón de deportes, se ben os Reis Magos desprazáronse ata este punto, sen acompañamento e paradas, polas rúas da vila. Elvira Lama asegura que aínda que non foi o percorrido tradicional, cumpríronse coas expectativas: “Tivemos unha cabalgata ao gusto de maiores e pequenos que puideron achegarse aos Reis e pedir os seus desexos. Houbéranos gustado manter a tradicional, pero as circunstancias son as que son”.

pistaO comercio e a hostalería de Xinzo de Limia beneficiáronse desta programación na que non faltou detalle. Os comerciantes ofreceron bonos de compra divididos en tarxetas, cada unha delas de 10 euros. O valor foi de 50 euros que subvencionou o Concello nun 30%, polo que o custo real para os cidadáns foi de 35 euros. “A actividade foi a esperada e as compras no comercio local tamén, ao igual que na hostalería, aínda que a pandemia está afectando a todos os sectores”, engadiu Lama.

O executivo local afronta o novo ano con “valentía” e tendo moi en conta aos profesionais máis afectados, especialmente aos autónomos. Así se contempla nos orzamentos do 2022, aprobados inicialmente dende finais de decembro e que entrarán en vigor a finais deste mes.