O Concello volve a celebrar o día das Letras Galegas

CARTAZ DAS LETRAS GALEGAS 2018
O Concello volve a celebrar o día das Letras Galegas

Todos os actos serán na Praza Maior

O xoves día 17 de maio terá lugar a celebración do Día das Letras Galegas en Xinzo de Limia.

Para esta efeméride progamáronse varios actos na praza maior, organizados polo Concello de Xinzo de Limia.


Dende as 10:00 ata as 21:00 h. Celebrarase a Feira do Libro Galego. A venda de libros contará cun 10% de desconto grazas á colaboración dás librerías de Xinzo.


Ás 11:30 terá lugar a lectura dunha escolma dá obra de María Vitoria Moreno coa colaboración de Teatro Aneis.


Ás 12:00 procederase á entrega de premios dos concursos da Semana de Carlos Casares convocada polo Concello de Xinzo de Limia xunto á Fundación Carlos Casares.


Ás 12:30 entregaranse os premios do III Premio Literario de relato curto “Carlos Casares”.


Ás 18:00 haberá actuacións de Danza Galega coa colaboración da Escola Municipal de Baile Galego.