O Concello de Xinzo arranxou máis de 5 kilómetros de pistas nos lugares de Morgade e Bruxueira

pista2
O Concello de Xinzo arranxou máis de 5 kilómetros de pistas nos lugares de Morgade e Bruxueira

Realizáronse traballos de asfaltado, bacheado e perfilado de cunetas

O Concello de Xinzo de Limia vén de arranxar varios viais que se encontraban moi deteriorados. Unha vez que remataron os traballos de asfaltado, bacheado e perfilado de cunetas, dúas pistas da vila xa lucen renovadas. Trátase, en concreto, dunha estrada que une un dos accesos ao centro da vila co lugar de Morgade e outra que comunica As Lamas e Bruxueira. En total, foron máis de cinco kilómetros de obras, sendo esta última pista a que conta con máis superficie renovada.