viernes. 29.09.2023

Manuel Cabas asinou onte arredor das 11:30h da mañá en Santiago un convenio coa conselleira de Medio Rural, Ángela Vázquez. O convenio reside na adquisicón de tractores para traballos de prevención de incendios forestais. O obxectivo é facilitar o traballo de limpeza do matorral nas competencias do concello. Medio Rural financiará a merca da maquinaria por parte do concello por un importe máximo de 85.000€, un tractor e dous apeiros (un de arrastre e outro de brazo), e o concello abonará o IVA correspondente. 

UNHAS CAMPAÑAS DE PREVENCIÓN MÁIS EFECTIVAS

A intención é facilitar dende a Xunta o cumprimento dos deberes en cuanto a execución dos desbroces e o mantemento das vías municipais. Ademáis deste novo convenio, debemos engadirlle os tradicionais convenios de colaboración para a prevención, para a subvención de desbroces e a contratación brigadas municipais. 

O Concello de Xinzo asinou onte con Medio Rural os convenios para financiar a compra de...