O Concello de Xinzo convida á veciñanza a formar parte da comisión de festas Santa Mariña

Casa_do_concello,_Xinzo_de_Limia,_Ourense_12
O Concello de Xinzo convida á veciñanza a formar parte da comisión de festas Santa Mariña

O vindeiro 19 de maio terá lugar unha xuntanza no salón de plenos ás 20.30h

O Concello de Xinzo de Limia convida a todos aqueles veciños e veciñas que o desexen, a formar parte da Comisión de Festas Santa Mariña, tal e como se fixo para por en marcha o Entroido 2016.

A dous meses de que se celebren as festas patronais da vila comezan os preparativos para a súa organización. Con tal fin, o vindeiro xoves 19 de maio vai ter lugar unha xuntanza no salón de plenos da casa consistorial ás 20.30h. Todas aquelas persoas que o desexen poden achegarse.