O concello de Xinzo convida ós veciños a unha reunión para organizar o Entroido 2016

pantalla
O concello de Xinzo convida ós veciños a unha reunión para organizar o Entroido 2016

A xuntanza vai ser o vindeiro 7 de outubro

A Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude comeza a organizar o Entroido 2016. Con tal fin, queren invitar a tódolos veciños e veciñas a que asistan a unha reunión o vindeiro mércores 7 de outubro.A xuntanza está programada para as 8.30h da tarde no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia. Nela falarase dos preparativos do festexo e de posibles ideas para mellorar a que é unha das festas máis importantes do pobo.