O Concello de Xinzo convoca a primeira edición do premio literario xuvenil Carlos Casares

carlos
O Concello de Xinzo convoca a primeira edición do premio literario xuvenil Carlos Casares

As narracións en galego poderán presentarse ata o 29 de abril

    O certame de relato curto en galego Calos Casares, convócase por primeira vez no Concello de Xinzo. Os participantes deberán entregar unha narración inédita da súa autoría, redactada en galego e de temática libre. 

Os escritores teñen ata tres categorías para presentarse que son a de infantil, xuvenil e júnior. O premio ó que optan ademáis do recoñecemento público, supón gañar bonos para material escolar e libros. A contía varía en función da categoría podendo alcanzar ata os 500€.

A entrega dos traballos pode facerse ata o 29 de abril. Os lugares físicos de recollida dos relatos son a Biblioteca Municipal, os dous Institutos de Secundaria e nos Colexios Públicos de Xinzo. 

As obras entregaranse nun sobre grande no que figure por fóra só o título da obra. No seu interior, ademais do texto orixinal, deberá aparecer outro sobre pequeno, pechado, co título da obra, nome e apelidos do participante, enderezo e un número de teléfono no que poida ser avisado no caso de premio. 

O xurado está formado por escritores como Antón Riveiro Coello e Rafael Laso. Tamén forman parte da decisión final, profesores de lingua e literatura galega e o presidente do Liceo de Ourense e representante da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares. A mesa de valoración dos traballos complétase coa bibliotecaria municipal e con técnicos municipais de cultura, educación e xuventude. 

Para coñecer tódalas bases poden porse en contacto co Concello de Xinzo de Limia.