O Concello de Xinzo estrea páxina web con máis seccións e a retransmisión dos plenos

web
O Concello de Xinzo estrea páxina web con máis seccións e a retransmisión dos plenos

O consistorio de Xinzo ponse ó día no que a novas tecnoloxías se refire cun novo deseño de páxina web a cal se pode acceder dende calquera dispositivo. A empresa ourensá Openhost foi a encargada de crear o portal que conta con máis seccións para mellorar a comunicación coa cidadanía.

Outro dos puntos que se traballou foi o posicionamento SEO da páxina que aparecerá como a primeira no buscador Google cando se escriba a palabra Xinzo.

Un dos contidos que se engade como novidade é a retransmisión dos plenos municipais para o cal se instalaron dúas cámaras fixas e unha móbil. Polo momento farase a través de vídeos editados aínda que se traballa coa posibilidade de poder emitilos en directo a través da web.

O resto de contidos fan referencia a información institucional, anuncios do Concello ou vídeos e galerías fotográficas de festexos.

O novo deseño do portal que aínda non está activado foi posible a través dunha subvención da Deputación de Ourense.