O Concello de Xinzo de Limia e o de Strakonice inician os trámites para o seu irmanamento

recepción
O Concello de Xinzo de Limia e o de Strakonice inician os trámites para o seu irmanamento

O Festival celebrado na localidade checa e no que participou con gran éxito a Banda de Gaitas limiá foi o punto de partida desta unión

O Festival de Strakonice trouxo moito máis que éxitos para a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia. A súa participación foi moi aplaudida e supuxo o comezo da relación entre ambos concellos, que inician os trámites para o seu irmanamento. Cómpre lembrar que a alcaldesa, Elvira Lama, acompañou aos 39 músicos da agrupación e ao seu director, Fernando Dopico, na súa viaxe de máis de 30 horas en autobús á localidade checa. Alí foron recibidos polo alcalde de Strakonice, Mgr Bretislav Hrdlicka, e iniciáronse as conversacións para que a unión dos dous concellos fose unha realidade que permitise non só o intercambio cultural, senón tamén económico.

recepción
recepción

Dende o Concello de Xinzo de Limia preténdese iniciar o expediente de irmanamento na máis brevidade que sexa posible, do mesmo xeito que o fará o de Strakonice. Esta unión ofrecerá beneficios en distintos ámbitos para as dúas administracións.

A rexedora de Xinzo de Limia, valora así o irmanamento: “Establecemos lazos de amizade con esta cidade na que a música da Banda de Gaitas deixou impresionada á cidadanía e que permitirán entablar intercambios culturais, económicos e un mellor grao de coñecemento de ambos territorios”.

Strakonice é a localidad-capital do distrito de Strakonice, na rexión de Bohemia Merdidional, República Checa. Ten unha poboación que ronda os 23.000 habitantes e atópase no noroeste da rexión, preto da beira do río Moldava, o principal afluente do río Elba e da fronteira coas rexións de Pilsen ee Bohemia Central. Na súa viaxe, os músicos e a rexedora tiveron ocasión de visitar, entre ensaios, actos institucionais e actuacións, algúns dos lugares máis emblemáticos da localidade checa.