O Concello de Xinzo mellorará a seguridade viaria do polígono co arranxo dun quilómetro de firme

Gabia
O Concello de Xinzo mellorará a seguridade viaria do polígono co arranxo dun quilómetro de firme
A actuación conta cun orzamento de 13.205 euros e un prazo de execución dun mes, se ben o executivo local confía en rematar antes

Unha vella demanda dos empresarios do polígono de Xinzo de Limia cumprirase nun corto período de tempo. O Concello vén de adxudicar as obras para arranxar a antiga gabia de distribución do gas, que se atopa afundida na Fase 3. Os traballos centraranse en cesar o bituminoso e aplicar firme asfáltico para deixar o firme ao mesmo nivel. Tamén será necesario adaptar as tapas de rexistro ao novo rasante.

A actuación conta cun orzamento que ascende a 13.205 euros e un prazo de execución dun mes, se ben o executivo local confía en que as obras rematen o antes posible.

Tal e como explicou o concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, “con estes traballos cumprirase unha vella demanda dos empresarios, ademais de mellorarse a seguridade viaria no polígono”. A zona conta cun tráfico considerable e a gabia foise afundindo ata presentar un serio perigo para a seguridade dos que por alí transitan. Previr os accidentes é agora o principal obxectivo. A superficie na que se levarán a cabo as obras é de case un quilómetro.