4 de abril de 2014, 23:46
Non se descarta convertela nun centro de interpretación da historia da comarca
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
O Concello de Xinzo de Limia vén de solicitar unha subvención á Consellería de Cultura para rehabilitar a torre da Pena. Coa adxudicación deste proxecto, que tamén inclúe a mellora dos accesos desde a estrada que une a capital da Limia con Vilar de Barrio, o consistorio busca atraer visitantes para o que é un dos emblemas da comarca.
A restauración do monumento medieval podería incluír así mesmo un museo, no que se darán as claves principais para entender a historia da Limia.