jueves 27/1/22

O Concello de Xinzo presenta alegacións á liña de evacuación eléctrica do parque eólico San Martiño por ser contraproducente para o entorno

O executivo local pide que se estude en profundidade a opción de non realizar o proxecto que afectaría aos municipios de Xinzo e Baltar
Serra Larouco 3
Serra Larouco 3

O Concello de Xinzo de Limia vén de presentar, ante a xefatura territorial da Consellería de Economía da Xunta de Galicia, o seu escrito de alegacións sobre a liña de evacuación eléctrica do parque eólico San Martiño LAT 132 Kv SET PE San Martiño-SET Larouco, prevista nos concellos de Baltar e Xinzo. O escrito, asinado pola alcaldesa, Elvira Lama, expón que o Concello considera que non é necesario este proxecto e que resultaría contraproducente a súa instalación.

TAL E COMO ANUNCIARA ELVIRA LAMA

videoconferencia Elvira LamaO documento apunta a que non se analizaron adecuadamente nin a necesidade deste proxecto nin os impactos ambientais e sociais que causarían nos territorios polos que discorre. Entre eles destácase o feito “da multiplicación dos impactos negativos pola xustaposición de infraestruturas lineais paralelas a escasa distancia”. Por todo isto, o Concello de Xinzo de Limia considera que se deben analizar detidamente todas as alternativas posibles, incluída a de non realizar o proxecto.
Ademais, a rexedora solicita á Administración autonómica que, como parte interesada, se lle de traslado de todos os expedientes e tramitacións deste proxecto.
En síntese, o escrito presentado polo Concello de Xinzo sobre a liña de evacuación eléctrica do parque eólico San Martiño LAT 132 Kv SET PE San Martiño-SET Larouco baséase en catro ideas principais:

-Ausencia dun análise adecuado da necesidade de realizar o proxecto.

-Os límites dos recursos do noso finito planeta obriga a repensar o despregue das renovables e as súas liñas eléctricas asociadas.

-A alternativa cero (non realización do proxecto) non foi adecuadamente analizada e non se ten en conta o principio de precaución.

-Non se teñen analizado os efectos acumulativos e sinérxicos que se verán aumentados de forma significativo cun novo proxecto recentemente presentado.

Pliego de alegacións