O Concello de Xinzo privatiza o mantemento do alumeado público

concello de xinzo
O Concello de Xinzo privatiza o mantemento do alumeado público

Con este sistema o Concello aforaría uns 10.000 euros o primeiro ano

O concello de Xinzo de Limia busca unha empresa que se encargue da conservación, reparación e mantemento do alumeado público durante catro anos. A firma seleccionada recibirá un máximo de 165.770 euros anuais, un importe total do contrato de 994.620 euros.

A gañadora deberá proporcionar a mao de obra, o material utilizado nas instalacións eléctricas e a maquinaria precisa. Ademais, a medida que o alumeado público deixe de funcionar, este será remplazado por un novo máis económico. No que respecta ao persoal, a empresa seleccionada deberá subrogar a un traballador municipal que se encargue de esas tarefas. Dito empregado, gozara de contrato indefinido, traballará para o Concello e custaralle a firma 27.606,24 euros.

O custe que terá para o Concello a contratación do servizo se verá compensado co aforro enerxético previsto. Con este sistema o Concello aforaría uns 10.000 euros o primeiro ano, 30.000 no segundo, 50.000 no terceiro, 70.000 no cuarto, 90.000 no quinto, 110.000 no sexto e 120.000 nos anos sucesivos.