O Concello de Xinzo promove a formación en riscos laborais dos pataqueiros

O Concello de Xinzo promove a formación en riscos laborais dos pataqueiros

O vindeiro 13 xuño celebrarase un taller para a prevención dos perigos da mecanización do cultivo máis sobranceiro da Limia

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Xinzo promove un taller de prevención de riscos laborais, organizado polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral que se celebrará na Casa da Cultura o vindeiro 13 de xuño (venres).

Haberá 25 prazas para este obradoiro que terá horario de tarde, ente as 15:30 e as 19:30 horas, para outros tantos destinatarios que poderán ser empregados ou desempregados do sector. Os requisitos para poder ser alumno do taller son vivir nalgún dos concellos das comarcas da Limia ou Baixa Limia ou ben traballar, ou ter traballado nelas.

A preinscripción deberá formalizarse antes do nove de xuño, enviando a solicitude (que atoparán premendo aquí) ao enderezo electrónico desenvolvementorural.issga@xunta.es ou no fax 981 897555. Entre os contidos desta sesión formativa tratarase a manipulación manual de cargas e medio de traballo, a aplicación e manexo de fertilizantes e fitosanitarios, os perigos máis comúns na maquinaria empregada ou a xestión preventiva na propia explotación. Este taller de catro horas de duración contará ademais coa visita a unha explotación gandeira da comarca.