O Concello de Xinzo traballa na promoción da igualdade

Igualdad_ok
O Concello de Xinzo traballa na promoción da igualdade
Organiza varios obradoiros en colaboración co CDR O Viso, a asociación Gaia e o PAC da vila REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Na mañá do...

Organiza varios obradoiros en colaboración co CDR O Viso, a asociación Gaia e o PAC da vila

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Na mañá do vindeiro xoves 8 de maio celebrarase o primeiro dos obradoiros para a promoción da igualdade que organiza o Concello de Xinzo, a través do Centro de Información ás Mulleres. O tema central será Igualdade, xénero, roles e estereotipos e o escenario, a Casa da Cultura da vila.

Xunto coa Concellería de Igualdade e Benestar limiá, traballan para facer posible este ciclo de talleres, o CDR O Viso, o II Plan Galego de Inclusión Social – Equipo de Inclusión de Xinzo de Limia, a Asociación para a promoción da igualdade "Gaia" e a Coordinadora do PAC do Centro de Saúde de Xinzo de Limia. O resto das sesións programadas abordarán os seguintes temas: corresponsabilidade e conciliación, prevención de violencia sobre as mulleres, autoestima, relaxación, habilidades sociais, alimentación e nutrición, alcoholismo e planificación familiar.

Estes "Obradoiros para a Promoción da Igualdade" encádranse dentro das áreas estratéxicas de intervención que recolle o III PLAN PARA A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES 2013-2017 do Concello de Xinzo de Limia.